La catedral Lugo desde la ventana

Febrero 27, 2010 in Fotos | Comentarios (0)

catedral lugo


Vídeos de alta velocidad de Sergio y Juan, por Isidro

Febrero 12, 2010 in Atletismo, Pértiga, Vídeos, pole vault | Comentarios (0)

Imagen de previsualización de YouTube

Sergio Tellería

Imagen de previsualización de YouTube

Sergio Tellería

Imagen de previsualización de YouTube

Juan Serantes


El sentido de la vida de un perro

Febrero 4, 2010 in Mundo | Comentarios (0)

Siendo veterinario, me habían llamado para echar un vistazo a un Lobero Irlandés de unos diez años llamado Belker. Los propietarios del perro, Ron, su mujer, Lisa, y su pequeño hijo, Shane, estaba muy unidos a Belker, y todos ellos esperaban un milagro.

Examiné a Belker y descubrí que estaba muriendo de cáncer. Le conté a la familia que no había nada que pudiéramos hacer por él, y les ofrecí practicarle una eutanasia en su casa.

Mientros hacíamos los preparativos, Ron y Lisa me comentaron que sería bueno para Shane que viera el procedimiento. Creían que Shane podía aprender algo de la experiencia.

Al día siguiente, sentí un nudo en la garganta al ver a la familia de Belker rodearle. Shane parecía muy tranquilo, acariciando al perro por última vez, que me hizo preguntarme si sabía exactamente qué estaba ocurriendo. En unos minutos, Belker moría tranquilamente.

El pequeño pareció entender su muerte sin ninguna dificultad o confusión. Nos sentamos juntos un momento tras de la muerte de Belker, preguntándonos en voz alta el porqué del triste hecho que supone el que la vida de los animales sea más corta que la de los humanos.

Shane, que había estado escuchando en silencio, empezó a decir, “Yo sé por qué”

Sorprendidos, nos giramos hacia él. Lo que salió de su boca me dejó boquiabierto. Nunca he escuchado una explicación más reconfortante. Dijo, “Las personas nacen para que puedan aprender cómo vivir una buena vida, como querer a todo el mundo y ser buenos, ¿no?“.

El pequeño de seis años prosiguió, “Bueno, los perros ya saben cómo hacer eso, así que no hace falta que se queden tanto tiempo“.

Vía: Meneame.net


Saliendo del 2009…

Diciembre 31, 2009 in Fotos | Comentarios (2)


Feliz Año 2010!!!

Diciembre 30, 2009 in Fiestas, Fotos | Comentarios (0)

Feliz Año 2010


Feliz Navidad!!!

Diciembre 24, 2009 in Fotos | Comentarios (0)

Feliz Navidad


Que la Navidad encienda la luz que llevas dentro

in Fotos | Comentarios (0)

Luz y Navidad


CONTRA A PRIVATIZACIÓN DA XESTIÓN DAS EMERXENCIAS POR UN SERVIZO PÚBLICO GALEGO DE PREVENCIÓN, EXTINCIÓN DE INCENDIOS E SALVAMENTO

Octubre 26, 2009 in Amigos, Mundo | Comentarios (2)

bombeiros

A Constitución Española consagra o dereito dos cidadáns a súa seguridade coma un dereito fundamental. A lei 2/1985 de Protección Civil outorga ás Comunidades autónomas a competencia para asegurar a instalación, organización e mantemento dos servizos de prevención e extinción de incendios. A maior parte das CCAA cumpren con esta obriga, garantindo a seguridade dentro do seu territorio, implantando servizos propios de Prevención e Extinción de Incendios e Salvamento e promovendo leis que regulan ditos servizos e as condicións de emprego dos profesionais que os prestan.

Galicia carece dun marco de seguridade axeitado e eficaz, como se ten posto de manifesto perante os últimos anos na xestión de situacións de emerxencia vividas como consecuencia por exemplo, do afondamento do Prestige, a vaga de lumes de fai uns anos ou as torrenciais precipitacións sufridas fai dous outonos. Ata hai duas lexislaturas, so os principais concellos galegos posuían servizos profesionais de prevención e extinción de incendios propios, quedando o resto do territorio cunha atención precaria, recaendo a responsabilidade de atender as emerxencias principalmente nas mans de agrupacións de voluntarios. O anterior goberno da Xunta do PP, comezou a experimentar coa creación de parques comarcais consorciados con algunhas deputacións e concellos que, logo de facer un importante desembolso de fondos públicos, entregáronse a empresas privadas para a súa xestión.

Cando aquel goberno do PP presentara o seu Proxecto de Lei de Protección Civil e Xestión de Emerxencias de Galicia (que daba cobertura legal á dita tendencia privatizadora), o BNG e o PSOE (daquela na oposición), presentaron sendas emendas á totalidade que demandaban unha ordenación dos servizos de emerxencia e salvamento de xeito integrado, coordinado e planificado dende a administración autonómica para garantir a prestación do servicio en todo o territorio galego de xeito profesionalizado, apostando decididamente por “… un autentico servizo público de Bombeiros de Galicia”.

Os programas electorais do PSOE e BNG, cos que se presentaron ás eleccións daquela comprometían textualmente o seguinte: “…a creación dun verdadeiro servizo público de Protección Civil…”, “…potenciándose a definición da carreira profesional de bombeiro…”, “…reorganización e redifinición dos parques comarcais e municipais, dos GRUMIR, das brigadas forestais. Impulso das políticas de consolidación e estabilidade de emprego…”, (no programa do PSOE) ou “Reforzar o carácter de servizo público dos distintos servizos dedicados á protección civil e xestión de emerxencias, extinción de incendios e salvamento, revisando a tendencia privatizadora”; “Integrar nun único servizo, baixo a dependencia autonómica e en colaboración coas entidades locais, os distintos corpos de extinción de incendios e salvamento” , “… integración das brigadas dos servizos de defensa contra incendios forestais …”. E para máis abondamento, “…crear o servizo de bombeiros e salvamento da Xunta de Galicia…”, no programa do BNG.

Afastándose dos seus propios compromisos electorais, cando chegaron ó goberno tanto un como o outro, remitiron ao Parlamento un Proxecto de Lei de Emerxencias de Galicia que, na mesma liña que o anterior goberno do PP, OPTARON POR UN MODELO DE XESTIÓN PRIVADA DAS EMERXENCIAS (modelo sen precedentes no resto de comunidades autónomas) E A DESAPARICIÓN DOS BOMBEIROS PÚBLICOS PROFESIONAIS (ós que nin menciona en todo o articulado da lei despois aprobada), que implica a desprofesionalización das emerxencias, deixándoas en mans de entidades con ánimo de lucro e agrupacións de voluntarios que, malia a entrega altruísta e esforzo que aportan estes últimos, non deben ser o basamento principal dos grupos operativos na xestión das emerxencias, prevención, extinción de incendios e salvamento.

Co tempo, e no mesmo senso, a Deputación da Coruña gobernada polo PSOE e o BNG, e as de Ourense e Pontevedra gobernadas polo PP asumiron a mesma política privatizadora dos parques comarcais construídos con diñeiro público, iniciada baixo o mandato do PP; e no que atinxe á atención dos incendios forestais, pasouse de comprometer a “…integración das brigadas dos servizos de defensa contra incendios forestais nun servicio público de prevención, extinción e salvamento…”, a optar pola creación dunha empresa de servizos agrarios, abrindo a porta da participación do capital privado.

Tan so ó final da pasada lexislatura os Sindicatos conseguimos da Xunta que asumise iniciar un proceso de cambio no modelo de xestión, coa creación do 1º Consorcio Público Provincial de Emerxéncias de Lugo con xestión directa.
Hoxe a posta en marcha deste Consorcio esta paralizada, debido a que a Xunta decidiu, coa complicidade das deputacións, que o modelo futuro da xestión das emerxéncias será definitivamente o de xestión privada.

bomb

Denunciamos: a entrega de bens e servizos esenciais construídos con diñeiro público a empresas privadas para convertilos nun negocio; e a escasa fiabilidade dun modelo baseado no labor aportada por un voluntariado que, aínda sendo importante, obriga a cambios de persoal constantes, o que repercute na propia seguridade laboral nunha actividade perigosa e impide unha formación e reciclaxe permanentes, en detrimento da cualificación, tecnificación, profesionalidade e, en definitiva, a eficacia que debe primar na organización deste tipo de servizos; a improvisación e a falta de organización de servizos repartidos entre empresas nas que prima o beneficio por riba da eficacia, e sometido ós vaivéns do mercado e caprichos empresariais, en prexuízo da necesaria coordinación e eficacia que debe primar como criterio de funcionamento; a precariedade laboral á que se está a someter ós traballadores das empresas concesionarias dos servizos de extinción, en detrimento da necesaria seguridade e profesionalidade esixible neste tipo de servizos.

Os sindicatos CIG, CCOO y UGT, opoñénse frontalmente a que os servizos de emerxencias, prevención, extinción de incendios e salvamento, que deben ser considerados SERVIZOS PÚBLICOS ESENCIAIS, se convirtan nun negocio lucrativo e esiximos da Xunta de Galicia a CREACIÓN DUN SERVIZO PÚBLICO GALEGO DE PREVENCIÓN, EXTINCIÓN DE INCENDIOS E SALVAMENTO, que resposte aos principios de coordinación, integridade territorial e funcional, profesionalización e eficacia. Igualmente demandamos a regulamentación de tódolos aspectos relacionados coa prestación do dito servicio con persoal propio, definindo as formas de acceso, organización, categorías profesionais, funcións e exercicio da autoridade pública, retribucións, carreira profesional, etc…

Na procura dos obxectivos, FACEMOS UN CHAMAMENTO A TODO OS PROFESIONAIS DAS EMERXENCIAS E Á CIDADANÍA EN XERAL A APOIAR CANTAS MEDIDAS PLANTEXEMOS EN DEFENSA DUNS SERVIZOS DE EMERXENCIAS PÚBLICOS, PROFESIONAIS E DE CALIDADE.

Vía: Grupo de Facebook by BRU


Sogama pretende diluir a responsabilidade

Octubre 15, 2009 in Amigos da Terra, Mundo | Comentarios (0)

Empregando a estratexia de “todos culpables” o presidente de SOGAMA tentou diluír a súa responsabilidade e a do gobernó galego á hora de resolver o problema dos residuos e tamén agochar os fracasos da incineración do lixo en Galicia. Os cidadáns que non reciclan, os ecoloxistas que non propoñen e os grupos políticos que non pactan. Todo vale para xustificarse e seguir “escurrindo” a responsabilidade dun problema que salta de goberno en goberno como unha grande “pataca quente”.

Os colectivos ecoloxistas amosan a súa sorpresa coas declaracións feitas por Luis Lamas (presidente de SOGAMA) o pasado domingo, nas que subestima aos milleiros de persoas en Galicia separan os seus residuos e esquece os máis de 20 anos que os colectivos ecoloxistas veñen sendo o motor das melloras e da racionalidade na xestión dos residuos en Galicia, primeiro coa implantación da recollida selectiva, e logo con actividades como a denuncia dos vertedoiros incontrolados, os residuos perigosos, a promoción da compostaxe e da reducción e incluso a promoción dunha ILP (iniciativa lexislativa popular) contra a incineración que xa no ano 1996 recollera máis de 50.000 sinaturas e que foi rexeitada no parlamento galego cos votos en contra de PP e o PSOE.

A redución dos residuos é posible:

Pono de manifesto a actual crise económica e a súa incidencia nas pautas de consumo, que fixo por primeira vez desde a creación da empresa en 1992, que SOGAMA recibise un 3% menos de lixo no ano 2009 sen ter tomada medida algunha a prol da redución.

Póñeno de manifesto os distintos informes e estudos elaborados por Amigos da Terra e a FEG que estan na mesa do despacho do presidente de SOGAMA e do Conselleiro de Medio Ambiente, Infraestructuras e Territorio.

Póñeno de manifesto a revalorización da materia orgánica a través da compostaxe que se consolidou en moitos concellos galegos gracias ao traballo das distintas organizacións ambientalistas.

A redución debe ser a prioridade do noso modelo de xestión, non conseguiremos frear o problema do crecemento progresivo do lixo se non freamos inmediatamente este crecemento”, declara María Durán, responsable de Residuos de Amigos da Terra.

SOGAMA non funciona:

Desde a súa inauguración no ano 2000 a planta está colapsada e hoxe so é capaz de asumir a metade dos residuos galegos, consumindo a propia incineradora prácticamente toda a enerxía que xera.

O verquido é polo tanto a única alternativa que teñen a outra metade dos residuos galegos na actualidade, cantidade que medra ano tras ano e que arestora suma perto de 3 millóns de toneladas de residuos no vertedoiro da Areosa.

Pechar SOGAMA é posible, a incineración e o verquido son os últimos eslabóns dunha cadea de xestión dos residuos irracional que Luis Lamas coñece pero prefire ignorar. Por que?

Segundo declara Celestino Quintela, responsable de residuos da FEG “Logo de case unha década de funcionamento, as estadísticas da propia administración amosan que o modelo de incineración é un fracaso, mesmo incumplindo os obxectivos marcados pola UE, e que a compostaxe aerobia segue a ser a vía con mellores resultados”.

O presidende de SOGAMA pretende abrir un debate sobre a incineración que non existe. Galicia sen incineración é posible, sempre o foi e sempre o desde sempre o defendemos.

A consellería de Medio Ambiente, Infraestructuras e Territorio e por suposto tamén SOGAMA están a tempo de tomar as medidas correctas, isto é, planificar o feche de SOGAMA e afrontar no Plan de Xestión de Residuos (actualmente en elaboración) o verdadeiro problema do lixo, como parte estructural do modelo de consumo. Nese caso terán a colaboración e o apoio das organizacións ecoloxistas.

Porén, mentres as solucións consistan en despistar a opinión pública, lanzar debates valeiros de contido e recuperar do pasado as medidas que xa teñen fracasado, os residuos dos galegos e galegas seguiranse amoreando no vertedorio de Cerceda ou convertidos en escouras e cinzas tóxicas.

Desde Amigos da Terra e a FEG vemos con preocupación as palabras de Luis Lamas do pasado domingo, especialmente faltas de autocrítica e responsabilidade.

Vía: MundoGaliza


FELICIDADES REBE!!!

Octubre 1, 2009 in Amigos, Fotos | Comentarios (0)

Felicidades por esos años tan bien llevados… de hoxe nun ano!!!

Felicidade Rebe!!!