
A Constitución Española consagra o dereito dos cidadáns a súa seguridade coma un dereito fundamental. A lei 2/1985 de Protección Civil outorga ás Comunidades autónomas a competencia para asegurar a instalación, organización e mantemento dos servizos de prevención e extinción de incendios. A maior parte das CCAA cumpren con esta obriga, garantindo a seguridade dentro do seu territorio, implantando servizos propios de Prevención e Extinción de Incendios e Salvamento e promovendo leis que regulan ditos servizos e as condicións de emprego dos profesionais que os prestan.
Galicia carece dun marco de seguridade axeitado e eficaz, como se ten posto de manifesto perante os últimos anos na xestión de situacións de emerxencia vividas como consecuencia por exemplo, do afondamento do Prestige, a vaga de lumes de fai uns anos ou as torrenciais precipitacións sufridas fai dous outonos. Ata hai duas lexislaturas, so os principais concellos galegos posuían servizos profesionais de prevención e extinción de incendios propios, quedando o resto do territorio cunha atención precaria, recaendo a responsabilidade de atender as emerxencias principalmente nas mans de agrupacións de voluntarios. O anterior goberno da Xunta do PP, comezou a experimentar coa creación de parques comarcais consorciados con algunhas deputacións e concellos que, logo de facer un importante desembolso de fondos públicos, entregáronse a empresas privadas para a súa xestión.
Cando aquel goberno do PP presentara o seu Proxecto de Lei de Protección Civil e Xestión de Emerxencias de Galicia (que daba cobertura legal á dita tendencia privatizadora), o BNG e o PSOE (daquela na oposición), presentaron sendas emendas á totalidade que demandaban unha ordenación dos servizos de emerxencia e salvamento de xeito integrado, coordinado e planificado dende a administración autonómica para garantir a prestación do servicio en todo o territorio galego de xeito profesionalizado, apostando decididamente por “… un autentico servizo público de Bombeiros de Galicia”.
Os programas electorais do PSOE e BNG, cos que se presentaron ás eleccións daquela comprometían textualmente o seguinte: “…a creación dun verdadeiro servizo público de Protección Civil…”, “…potenciándose a definición da carreira profesional de bombeiro…”, “…reorganización e redifinición dos parques comarcais e municipais, dos GRUMIR, das brigadas forestais. Impulso das políticas de consolidación e estabilidade de emprego…”, (no programa do PSOE) ou “Reforzar o carácter de servizo público dos distintos servizos dedicados á protección civil e xestión de emerxencias, extinción de incendios e salvamento, revisando a tendencia privatizadora”; “Integrar nun único servizo, baixo a dependencia autonómica e en colaboración coas entidades locais, os distintos corpos de extinción de incendios e salvamento” , “… integración das brigadas dos servizos de defensa contra incendios forestais …”. E para máis abondamento, “…crear o servizo de bombeiros e salvamento da Xunta de Galicia…”, no programa do BNG.
Afastándose dos seus propios compromisos electorais, cando chegaron ó goberno tanto un como o outro, remitiron ao Parlamento un Proxecto de Lei de Emerxencias de Galicia que, na mesma liña que o anterior goberno do PP, OPTARON POR UN MODELO DE XESTIÓN PRIVADA DAS EMERXENCIAS (modelo sen precedentes no resto de comunidades autónomas) E A DESAPARICIÓN DOS BOMBEIROS PÚBLICOS PROFESIONAIS (ós que nin menciona en todo o articulado da lei despois aprobada), que implica a desprofesionalización das emerxencias, deixándoas en mans de entidades con ánimo de lucro e agrupacións de voluntarios que, malia a entrega altruísta e esforzo que aportan estes últimos, non deben ser o basamento principal dos grupos operativos na xestión das emerxencias, prevención, extinción de incendios e salvamento.
Co tempo, e no mesmo senso, a Deputación da Coruña gobernada polo PSOE e o BNG, e as de Ourense e Pontevedra gobernadas polo PP asumiron a mesma política privatizadora dos parques comarcais construídos con diñeiro público, iniciada baixo o mandato do PP; e no que atinxe á atención dos incendios forestais, pasouse de comprometer a “…integración das brigadas dos servizos de defensa contra incendios forestais nun servicio público de prevención, extinción e salvamento…”, a optar pola creación dunha empresa de servizos agrarios, abrindo a porta da participación do capital privado.
Tan so ó final da pasada lexislatura os Sindicatos conseguimos da Xunta que asumise iniciar un proceso de cambio no modelo de xestión, coa creación do 1º Consorcio Público Provincial de Emerxéncias de Lugo con xestión directa.
Hoxe a posta en marcha deste Consorcio esta paralizada, debido a que a Xunta decidiu, coa complicidade das deputacións, que o modelo futuro da xestión das emerxéncias será definitivamente o de xestión privada.

Denunciamos: a entrega de bens e servizos esenciais construídos con diñeiro público a empresas privadas para convertilos nun negocio; e a escasa fiabilidade dun modelo baseado no labor aportada por un voluntariado que, aínda sendo importante, obriga a cambios de persoal constantes, o que repercute na propia seguridade laboral nunha actividade perigosa e impide unha formación e reciclaxe permanentes, en detrimento da cualificación, tecnificación, profesionalidade e, en definitiva, a eficacia que debe primar na organización deste tipo de servizos; a improvisación e a falta de organización de servizos repartidos entre empresas nas que prima o beneficio por riba da eficacia, e sometido ós vaivéns do mercado e caprichos empresariais, en prexuízo da necesaria coordinación e eficacia que debe primar como criterio de funcionamento; a precariedade laboral á que se está a someter ós traballadores das empresas concesionarias dos servizos de extinción, en detrimento da necesaria seguridade e profesionalidade esixible neste tipo de servizos.
Os sindicatos CIG, CCOO y UGT, opoñénse frontalmente a que os servizos de emerxencias, prevención, extinción de incendios e salvamento, que deben ser considerados SERVIZOS PÚBLICOS ESENCIAIS, se convirtan nun negocio lucrativo e esiximos da Xunta de Galicia a CREACIÓN DUN SERVIZO PÚBLICO GALEGO DE PREVENCIÓN, EXTINCIÓN DE INCENDIOS E SALVAMENTO, que resposte aos principios de coordinación, integridade territorial e funcional, profesionalización e eficacia. Igualmente demandamos a regulamentación de tódolos aspectos relacionados coa prestación do dito servicio con persoal propio, definindo as formas de acceso, organización, categorías profesionais, funcións e exercicio da autoridade pública, retribucións, carreira profesional, etc…
Na procura dos obxectivos, FACEMOS UN CHAMAMENTO A TODO OS PROFESIONAIS DAS EMERXENCIAS E Á CIDADANÍA EN XERAL A APOIAR CANTAS MEDIDAS PLANTEXEMOS EN DEFENSA DUNS SERVIZOS DE EMERXENCIAS PÚBLICOS, PROFESIONAIS E DE CALIDADE.


GRAAAAAANDE JUANPA!!
Para non botar as mans à cabeza cuando non podamos estudar!
A circular 05/2009, imposta pola Consellería de Educación durante o pasado verán, sen discusión coa comunidad academica, implica maior carga de traballo para os profesores, redución de grupos nas escolas e diminución ou supresión das actividades complementarias. Sabes en que che vai afectar como alumno/a? Pois, como xa o notas no actual curso 2009-2010,
→ as clases van estar masificadas
→ haberá menos opcións de horario para estudar idiomas e
→ desaparecerán as clases de apoio.
Esa é a liña que quer seguir a actual Administración autonómica, que considera ás EOI como “luxos” aos que hai que meter a tesoura, en unha visión totalmente da educación como mercadoria, es decir: precarizar para logo privatizar.
Sabes o que custa estudar idiomas fóra do sistema público? Podes comprobalo preguntando en calquera centro privado da túa cidade, pero para que te fagas unha idea velaí uns datos:
→ un curso de inglés ou francés de dúas horas á semana en grupos de entre 5 e 12 persoas custa aproximadamente 60 Euros mensuais;
→ se queres recibir tres horas semanais de clase, o custo chega aos 80 Euros mensuais.
→ A isto tes que sumarlle os dereitos para poder acceder ás probas de certificación.
→ En Santiago, por exemplo, tamén podes matricularte no Centro de Linguas Modernas da Universidade en cursos de 80 horas cun prezo de matrícula de 300 € para membros da USC e 350€ para non membros.
Lembras o que pagaches na EOI? A matrícula para o primeiro curso custa 100 euros anuais e para os seguintes, 85. É dicir, co que se paga por estudiar un curso académico na EOI con 4 horas e media de clase a semana, con horas de tutoría e clases complementarias (as que quedan) apenas poderías estudar un mes nunha academia con 3 horas de clase semanais.
O recorte nas EOI non é unha cuestión que afecte exclusivamente ao profesorado. Se deixamos pasar esta ameaza, pode que máis pronto que tarde nos atopemos con que non hai grupos e horarios para poder acoller ás aproximadamente 50.000 persoas que estudamos nas EOI en toda Galiza.
Es parte dunha loita que máis ampla contra contra a privatización dun servizo publico, contra o desmantelamento da educación pública, CONTRA A PRIVATIZACIÓN DAS EOI!
EOI Escolas privadas
- 4,5 horas de clase/semana – 3 horas de clase/semana
- 1,5 hora complementaria – inglés, francés, outros escasos
- inglés, francés, alemán, galego, – profesorado varía
portugues, italiano, e máis idiomas €640,- anual……mais gastos de pruebas
- profesorado de calidade
por oposicións
€100,- primer año
€85,- años siguientes