Amigos da Terra organizou a “Xira do Millo Xigante” para denunciar a preocupante situación dos transxénicos.
Diversas actividades percorreron o territorio galego esixindo a declaración de “Zonas libres de Transxénicos”.
Amigos da Terra, coa axuda dun millo inchable de 8 metros, organizou actividades en diferentes cidades de Galicia para reivindicar a declaración de zonas libres de transxénicos.
A través desta “Xira do Millo Xigante” pretendeuse denunciar a situación do cultivo e da comercialización dos organismos modificados xeneticamente (OMX ou transxénicos) no noso país, solicitando ás autoridades locais e rexionais que fagan o posíbel por facer fronte a esta grave ameaza.
Os cultivos transxénicos foron introducidos na nosa agricultura e na alimentación hai dez anos coa intención de aliviar a fame no mundo e solucionar os problemas dos agricultores.
A realidade amósanos que non se produciron eses “supostos” beneficios nin para o consumidor, nin tampouco para os pequenos agricultores, mentres si medraban os incertidumes sobre seus efectos secundarios sobre a saúde e o medio ambiente.
Fronte a esta situación, cada vez son máis os Concellos e as Comunidades Autónomas que elixen protexer o medio ambiente e a saúde dos seus cidadáns declarándose “Zonas Libres de Transxénicos”. O País Vasco, Asturias e a Illas Baleares xa deron o paso, do mesmo xeito que 35 concellos, coma Palencia ou Albacete.
Amigos da Terra contou coa colaboración do grupo de teatro NMAISUN ao cal a entidade agradece sempre a súa dinamización social.
Esta campaña enmárcase dentro dunha iniciativa de ecoloxistas, consumidores, agricultores e outras organizacións de toda Europa que xa conseguiu que 176 rexións e máis de 4500 autoridades locais declaren súa vontade de protexer o medio ambiente e a saúde dos seus cidadáns, rexeitando os transxénicos no seu territorio.

En España, cultívase millo transxénico dende 1998, e aínda é o único país da Unión Europea que o fai a grande escala. Este ano foron sementadas 76.148 hectáreas, segundo cifras do Ministerio de Industria.

Dende Amigos da Terra vémonos na obriga de lembrar que a situación destes cultivos segue sendo preocupante. A falla de transparencia, a imposibilidade dun etiquetado axeitado, os múltiples casos de contaminación en cultivos e alimentos, o descontrol dos cultivos experimentais, as decenas de novas variedades aprobadas ou o aumento de superficie con respecto á campaña pasada son algúns dos feitos que amosan que é prioritario os interese das grandes empresas do sector.
Para ver o video da xornada en Pontevedra feito por David, pincha aquí

